Publicacións

Enerxías Alternativas

As enerxías renovabeis son aquelas que se producen de forma continúa e son inesgotabeis a escala humana: SOLAR, EÓLICA, HIDRÁULICA, BIOMASA e XEOTÉRMICA.Son fontes de abastecemento enerxético respectuosas co medio ambiente.O que non significa que non ocasionen efectos negativos sobre o entorno, pero estes son infinitamente menores se os comparamos cos impactos ambientais das enerxías convencionais (combustibles fósiles: petróleo, gas e carbón; enerxía nuclear, etc.) e ademáis son case sempre reversibeis. Segundo un estudo sobre os "Impactos Ambientais da Produción de Electricidade", o impacto ambiental na xeración de electricidade das enerxías convencionais é 31 veces superior ó das enerxías renovabeis.Como vantaxes medioambientais importantes podemos destaca-la non emisión de gases contaminantes como os resultantes da combustión de combustibles fósiles, responsables do quecemento global do planeta (CO2) e da choiva ácida (SO2 e NO2) e a non xeración de residuos perigosos de difíc...