Publicacións

Rematou o curso de teatro

REMATOU O CURSO DE TEATRO, NOVA INSCRICIÓN A PARTIR DE SETEMBRO DE 2008. Despedida coa actuación o día 28 de maio no Teatro principal de Pontevedra e Venres 6 de xuño no Salón de actos da Biblioteca Pública de Barro.

Premiados no concurso de CONTOS QUE CONTAN

1º premio na categoría 1º ciclo de primaria para "O Parrulo Branco" de Alejandro Álvarez Martiñán. 1º premio na categoría 2º ciclo de primaria para "A vida do gatiño abandonado" de Sara Souto García 1º premio na categoría 3º ciclo de primaria para "Unha ninfa triste" de Patricia González Portas. 1º premio na categoría 1º ciclo de secundaria para "Sen título" de Sergio González Cancela. 1º premio na categoría 2º ciclo de secundaria para "O Garaxe" de Julia Lago Fontán. 1º premio na categoría de 17 a 26 para 2Un verán Inesquecible" de José Javier Francisco Loureiro. 1º premio na categoría de 27 en diante para "As sete tristes notas do meu valse" de Rocio Leira Castro.

XXIX FESTA DO VIÑO DE BARRO - 2

PROGRAMA DA XXIX FESTA DO VIÑO DE BARRO  DIAS: 13, 14 E 15 DE XUÑO DE 2008.  VENRES 13 DE XUÑO  - A PARTIR DAS 17 HORAS XORNADA DE XOGOS. - 20.30 HORAS: INAUGURACIÓN DOS STANDS - 22.00 HORAS: GRAN VERBENA                 - CAPITOL                 - ISMAEL  SÁBADO 14 DE XUÑO:  - 11.00 HORAS: CATA DERRADEIRA - 13.00 HORAS: ACTUACIÓN DE GRUPOS FOLCLÓRICOS E BANDAS DE MÚSICA. - 21.00 HORAS: GRAN VERBENA AMENIZADA POR                 - SATELITES                 - MARIMBA  DOMINGO 15 DE XUÑO:  - ALBORADA CON TIRADA DE FOGOS DE ARTIFICIO....

OBRADOIRO DE EMPREGO

B A N D O D. JOSÉ ANTONIO LANDÍN EIRÍN, ALCALDE DO CONCELLO DE BARRO, FAI SABER: O Concello de Barro pon en funcionamento o Obradoiro de Emprego "Santiago Apóstol" que contará con tres módulos formativos (Albanelería, Cantería e Carpintería). A data prevista para o inicio do proxecto é o 30 de xuño de 2008 e eterá unha duración de doce meses. As persoas que estén interesadas en participar no mesmo deberán cumprir os seguintes requisitos: - Ter 25 anos ou máis anos de idade. - Estar desempregados/as. - Estar inscritos/as como demandantes de emprego no Servicio Galego de Colocación. Para máis información poden dirixirse ás oficinas municipais Barro a 12 de maio de 2008 O ALCALDE Ado. José Antonio Landín Eirín

EXPOSICIÓN DE BANDA DESEÑADA

Autores galegos de BD e as súas obras noConcello de Barro.LUGAR: SALÓN DE ACTOS DA BIBLIOTECAPÚBLICA.DATAS: ATA O 17 DE MAIO DE 2008.HORARIO: DE 9:00 A 14:00 LUNS,MARTES,XOVES ESÁBADO                DE 16:00 A 21:00 HORASVisitas e obradoiros por grupos, concertar horariosno 986 71 48 06.