AXUDAS A SECTORES AFECTADOS POLA SITUACIÓN PANDÉMICA DO CONCELLO DE BARRO Anuncio: Dando cumprimento ao artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de subvencións, faise pública a relación de axudas outorgadas, ao abeiro das Bases Reguladoras e convocatoria de Axudas a sectores afectados pola situación pandémica do concello de Barro”, cuxo texto completo se publicou na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/575406) e que tiñan como destinariarios os sectores económicos (hostalería, comercio, ximnasios, ocio, cultura ou similares, sempre que sexan pemes ata 10 persoas empregadas e autónomos) que viron afectada a súa actividade durante a pandemia. O citado programa contaba con financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos 2021 Liña 2. A Xunta de Goberno Local do conce...
PROGRAMA DEPOTERMAL 2022 A Excma. Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Barro organiza un Programa orientado a mellora-la calidade de vida e envellecemento activo, así como fomentar as relacións sociais, “Plan Depotermal” 2022 poñendo en marcha dous programas termais: Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos - BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS. - PALACIO DO AUGA. MONDARIZ. - HOTEL SPA VÍA ARGENTUM. SILLEDA. - HOTEL SPA HOTEL GALATEA. PORTONOVO, SANXENXO. - HOTEL SPA NUEVO ASTUR. VILALONGA, SANXENXO. De acordo no establecido na base sexta da convocatoria, o desconto aplicado as prazas ordinarias calcularase en función...
LIMPEZA DE PARCELAS E XESTIÓN DAS FRANXAS DE PROTECCIÓN Para dar cumprimento á Lei 3/2007 de 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios forestais da Xunta de Galicia, as persoas ou entidades propietarias de parcelas deben mantelas limpas e xestionar correctamente a biomasa das franxas de protección antes do día 31 de maio do 2022: As parcelas lindantes con solo de núcleo rural ou urbano, solo urbanizable, edificacións ou vivendas illadas, gasolineiras, parques e instalacións industriais deben manter limpa unha franxa de 50 metros. Nesta franxa de 50 metros non poderá haber especies pirófilas (piñeiros, eucaliptos, acacias, mimosas, etc.) e as árbores frondosas caducifolias (castiñeiros, carballos, freixos, etc.) deberán separse 7 metros entre si, medidas de pé a pé. Estas parcelas tamén deberán manter unha franxa de 15 m...
NOTA INFORMATIVA Dentro do Plan de Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais que a Deputación de Pontevedra ten aprobado para o exercicio 2022, o Concello de Barro solicitou a contratación de varios/as traballadores/as nas seguintes categorías: - 2 CONDUCTOR CAMIÓN, EN XERAL. - 2 PEÓN DE TRANSPORTE, EN XERAL. - 2 AXUDANTES ALBANEL. - 6 OPERARIOS DE PARQUES E XARDÍNS. As contratacións faranse de forma escalonada ao longo do ano e tódolos contratos terán unha duración de seis meses cunha xornada laboral de 35 h/semanais e serán cofinanciadas pola Deputación...