USO RESPONSABLE DA AUGA DA TRAÍDA MUNICIPAL Don Xosé Manuel Fernández Abraldes, Alcalde-Presidente do Concello de Barro, fai saber que: Estamos vivindo en todo o país unha situación de seca moi preocupante, polo que se fai necesario extremar as precaucións e facer un uso responsable e eficiente da auga. Aínda que os traballos de impermeabilización dos depósitos están dando bos resultados, xa que se eliminaron moitas perdas de caudal, os mananciais dos que se abastece a traída municipal están mermando moito. Polo de agora non está previsto ter que realizar cortes no suministro e poderase manter o servizo con normalidade, mais a situación pode empeorar nas vindeiras semanas se continúa sen chover, polo que cómpre actuar con moita responsabilidade. Como medidas para reducir o consumo de auga traída municipal queda reservado o uso da mesma para os fins dom&...
O Concello de Barro en colaboración coa Excma. Deputación de Pontevedra pon en marcha un Programa orientado a fomentar a igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero “Espazos de Lecer Concilia no 2022” Este ano ofrécense un total de 100 prazas para o mes de xullo e 50 para o mes de agosto. O prazo de presentación de solicitudes será do 13 ao 21 de xuño (ambos incluídos) nas oficinas municipais.
AXUDAS A SECTORES AFECTADOS POLA SITUACIÓN PANDÉMICA DO CONCELLO DE BARRO Anuncio: Dando cumprimento ao artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de subvencións, faise pública a relación de axudas outorgadas, ao abeiro das Bases Reguladoras e convocatoria de Axudas a sectores afectados pola situación pandémica do concello de Barro”, cuxo texto completo se publicou na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/575406) e que tiñan como destinariarios os sectores económicos (hostalería, comercio, ximnasios, ocio, cultura ou similares, sempre que sexan pemes ata 10 persoas empregadas e autónomos) que viron afectada a súa actividade durante a pandemia. O citado programa contaba con financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos 2021 Liña 2. A Xunta de Goberno Local do conce...
PROGRAMA DEPOTERMAL 2022 A Excma. Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Barro organiza un Programa orientado a mellora-la calidade de vida e envellecemento activo, así como fomentar as relacións sociais, “Plan Depotermal” 2022 poñendo en marcha dous programas termais: Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos - BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS. - PALACIO DO AUGA. MONDARIZ. - HOTEL SPA VÍA ARGENTUM. SILLEDA. - HOTEL SPA HOTEL GALATEA. PORTONOVO, SANXENXO. - HOTEL SPA NUEVO ASTUR. VILALONGA, SANXENXO. De acordo no establecido na base sexta da convocatoria, o desconto aplicado as prazas ordinarias calcularase en función...