ANUNCIO
ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE PERDECANAI – BARRO II
(BARRO – PONTEVEDRA )
DATA LÍMITE PARA CAMBIOS DE TITULARIDADE
Comúnicase a todos os interesados na zona de concentración parcelaria de Perdecanai – Barro II que, por resolución da directora xeral de Desenvolvemento Rural do 18 de xullo de 2023, se estableceu como data límite para solicitar cambios de titularidade de parcelas de bases o 30 de setembro de 2023, inclusive.
Transcorrida a dita data e ata o momento de aprobación do acordo, unicamente se admitirán as solicitudes de cambio de titularidade de parcelas de achega sempre e cando o cambio afecte á totalidade das parcelas achegadas por unha persoa titular e a transmisión se faga íntegramente a outra, coa excepción dos cambios derivados de sentenzas xudiciais firmes.
En todo caso, a persoa titular adquirinte quedará subrogada na posición da anterior titular, coas limitacións, deberes e obrigas que resulten do proceso.
Pode consultar o texto íntegro da resolución na web da Consellería do Medio Rural: mediorural.xunta.gal/es/recursos/anuncios (Para acceder ao contido da resolución prema aquí: https://barro.es/wp-content/uploads/2023/08/RESOLUCION.pdf
Para descargar anuncio prema aquí https://barro.es/wp-content/uploads/2023/08/Anuncio_DataCT_PerdecanaiBarroII_asdo.pdf