Skip to content

O Concello adquire o arquivo completo do fotógrafo barrense Reinaldo Constenla

A Xunta de Goberno local, celebrada no día de hoxe, deu luz verde á adquisición por parte do concello de Barro de todo o arquivo do fotógrafo local Reinaldo Constenla.

Este arquivo, que comprende desde o ano 1954 ata o ano 1983, ten un valor cultural, artístico e patrimonial moi elevado, pois recolle ao detalle a historia do noso concello nun período amplo.

Despois da adquisición iniciaranse os traballos de restauración e posta en valor de todos estes documentos e materiais.

O prezo da compra ascende a 6.500 euros, que se financian con fondos propios do concello