Publicacións

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COMEDOR DO SERVIZO UNIVERSITARIO DE RESIDENCIAS (SUR)

Prazo de solicitude: deberá solicitar esta bolsa ao longo do mes seguinte ao ingreso da axuda de residencia concedida polo Ministerio e como prazo máximo ata o 30 de setembro de 2012. Requisitos: Poderá acceder a estas bolsas o estudantado matriculado na USC no curso académico 2011/2012 que cumpra os seguintes requisitos: 1. Estar aloxado no Servizo Universitario de Residencias (SUR) da USC durante todo o curso 2011/2012. 2. Ser bolseiro/a no curso 2011/2012 da convocatoria de bolsas de carácter xeral e de mobilidade do Ministerio que ten a competencia nesa materia, co compoñente de residencia. 3. Que a Renda Persoal Dispoñible (RPD) do solicitante no exercicio do ano 2010 e que serviu de base para a adxudicación da cota correspondente no curso 2011-2012 sexa inferior a 9.000,00 €. 4. Ter aboado á Universidade de Santiago de Compostela en concepto de aloxamento no SUR 2.556,00€, que &eac...

INICIATIVA XOVE 2012

XUVENTUDE  DESENVOLVE EN TODAS AS COMARCAS DE GALICIA UN FORO EXPLICATIVO PARA ACHEGAR A MOCIDADE GALEGA O PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO “INICIATIVA XOVE” A Consellería de Traballo e Benestar desenvolverá ao longo do mes de xaneiro 25 encontros informativos nas comarcas e nos campus universitarios para achegar á mocidade galega o programa de emprendemento ‘Iniciativa Xove’.   Estos encontros teñen como obxectivo achegar á mocidade emprendedora no tecido asociativo xuvenil a información precisa para fomentar e promover actividades de aprendizaxe non formal que lles permita desenvolver as súas capacidades, talento  e espírito emprendedor involucrándose na posta en marcha dos seus propios proxectos con ‘Iniciativa Xove 2012’. Os destinatarios dos encontros son os mozos e mozas menores de 30 anos, concelleiros de xuventude ou con competencias na materia, té...

Plan CUltural Deputación de Pontevedra

DESTINATARIOS poderán solicitar a inclusión neste Plan Cultural as seguintes agrupacións provinciais: bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, bandas de gaitas, música tradicional, música clásica, teatro, etc. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN As solicitudes formalizaranse no modelo normalizado que se facilitará no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depo.es, acompañadas da documentación prevista na base 8ª e presentaranse no Rexistro xeral da Deputación: • Sede de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado) • Sede de Vigo: Rúa Oporto, 3 (de luns a venres) ou tal e como establece o art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo com&uacu...

Axudas iluminación

Plan Renove de Iluminación Interior 2011 Prazo para a reserva de fondos: desde o 1 de febreiro ata o 30 de xullo de 2012 ou ata que se esgote o crédito Beneficiarios: Persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios do sector terciario sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. Procedemento para acceder ás axudas: 1. O comprador dirixirase a un instalador adherido ao Plan Renove de Iluminación Interior 2011 e adquire o equipo obxecto da subvención. 2. O instalador realiza a solicitude de reserva de fondos mediante a aplicación web habilitada ao efecto, imprime o impreso da axuda e o comprador asina a súa conformidade. 3. O instalador ten 60 días naturais de...

Subvención para entidades de iniciativa social para o mantemento de determinados centros de inclusió

Prazo: 08/10/2011 A Consellería de Traballo e Benestar convoca subvenciones a entidades de iniciativa social para o mantemento de determinados centros de inclusión e emerxencia social. Poderán solicitar as subvencións reguladas nesta orde as entidades de iniciativa social que se encontren debidamente inscritas con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais. No suposto de entidades que recibisen subvención da Xunta de Galicia para mantemento de centros ao abeiro da Orde de 30 de decembro de 2010 (DOG núm. 15, do 24 de xaneiro de 2011), será requisito previo para a concesión da subvención a presentación do balance de ingresos e gastos comprensivo de todo o exercicio anterior, a que se refire o artigo 15.5 (anexo V da convocatoria). As entidades que accedan a esta convocatoria deberán dedicar...