Publicacións

Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contido: Decreto 104/2012, do 16 de marzo, regula a formación mínima que deberán reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.  Este decreto será de aplicación aos/ás socorristas que exerzan a súa actividade en instalacións acuáticas e/ou espazos acuáticos naturais de Galicia que, segundo a normativa vixente, teñan a obriga de ter un/unha ou máis socorristas con titulación suficiente en materia de salvamento e socorrismo acuático.  Para os efectos deste decreto enténdese por: a) Instalacións acuáticas: as piscinas convencionais de uso público ou privado, as piscinas naturais, os parques acuáticos, os balnear...

Iniciativa Xoven

Prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Orden e solicitude  En Iniciativa Xove considéranse áreas de atención prioritarias para desenvolver mediante as iniciativas xuvenís as seguintes: a) Proxectos de ocio e lecer educativo. b) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías. oderán solicitar a axuda ao abeiro destas bases reguladoras: Destinatarios/as. -Grupos informais de mozos/as que desexen realizar unha iniciativa xuvenil e reúnan os requisitos establecidos no artigo 4 desta orde. -Asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade que carezan de interese de lucro e as súas respectivas federacións sempre que,...

Prazas nas escolas infantís 0-3 da Consellería de Traballo e Benestar.

Prazo: do 1 ao 31 de marzo de 2012. Requisitos: Que a/o nena/o teña a súa residencia en Galicia e teña nacido no momento de presentación da solicitude. Idade da/o nena/o: - Ter unha idade mínima de 3 meses na data de ingreso. - Non ter cumpridos 3 anos o 31 de decembro de 2012. Para solicitudes de novo ingreso presentarase o modelo oficial (anexo I da Orde). Neste impreso pódese solicitar praza para 2 centros indicando a orde de preferencia. PROGRAMA CHEQUE INFANTIL: As/os interesadas/os en participar nas prazas de escolas infantís 0-3 adheridas ao programa Cheque infantil, dirixido a aquelas/es solicitantes que non obteñan praza en ningunha das dúas opcións solicitadas, deberán cubrir a epígrafe correspondente no anexo I da orde. As solicitudes valoraranse en función dun baremo que terá en conta: situación socio-familiar, situación laboral-f...

Admisión de alumnos en centros de Educación Infantil e Primaria sostenidos con fondos públicos.

Prazo:Do 1 de marzo ao 10 de abril de 2012 presentación da solicitude por 1ª vez. O impreso orixinal que se facilita no Colexio Público Amor Ruibal en horario de 9:00 a 14:00. Teléfono Colexio Publico Amor Ruibal 986711249. Aquí podedes consultar as Instrucións   da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión do alumnado para o curso académico 2012-2013". Mais informacion: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria  

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COMEDOR NA UNIVERSIDADE DE VIGO

Prazo: 14 de febreiro Información e impreso de solicitude na web da Universidade de Vigo