Publicacións

Subvencións os programas dirixidos a mozos entre 14 e 30 anos, destinados a apoiar o movemento asoci

Prazo: Do 14/06/2012 ata o 13/07/2012.  O Instituto da Xuventude convoca subvencións sometidas ao réxime xeral de subvencións para o ano 2012. Serán obxecto de subvención os programas dirixidos a mozos entre 14 e 30 anos, destinados a apoiar o movemento asociativo xuvenil e a súa participación social Requisitos: Estar legalmente constituídas e no seu caso, debidamente inscritas no correspondente Rexistro Público, como: a) Asociacións xuvenís, Federacións ou Confederacións de Asociacións Xuvenís. b) Seccións Xuvenís de entidades sociais ou organizacións no que teñan recoñecidos nos seus Estatutos autonomía funcional, organización e goberno propio para os asuntos especificamente xuvenís. c) Entidades prestadoras de servizos á xuventude, dedicadas con carácter habitual á realizaci&oa...

Axudas para participar na Aula de Verán Ortega e Gasset.

Data: Dende o 15/06/2012 ata o 29/06/2012. LUGAR: na Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), en Santander. DATAS: 1ª sesión: do 11 ao 17 de agosto de 2012. 2ª sesión: do 18 ao 24 de agosto de 2012. DOTACIÓN DAS BOLSAS: aloxamento, manutención e gastos de desprazamento ata un máximo de 200 euros para desprazamentos dentro da península. CONTIDO: A Aula de Verán "Ortega e Gasset" versará sobre a introdución multidisciplinar aos estudos universitarios levada a cabo por parte de profesores universitarios e investigadores de recoñecido prestixio e de personalidades da cultura e a arte, e dirixirase aos alumnos que se dispoñen a iniciar estudos universitarios. Os alumnos recibirán un Diploma de asistencia á Aula. DESTINATARIOS: Alumnos que finalizasen o último curso do bacharelato ou do ciclo formativo de grao superior de...

225 prazas residencias xuvenís para o curso académico 2012/2013, réxime de internado.

Prazo presentación de solicitudes: ata o 5 de xullo de 2012. As prazas ofértanse tanto para mozas e mozos estudantes como traballadoras/es. O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 10 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2012 e o 30 de xuño de 2013. Prazas: Lugo: Centro Residencial Xuvenil LUG. 76 prazas Ourense: Florentino L. Cuevillas. 55 prazas Vigo: Altamar. 94 prazas. Do total de prazas resérvase un 9% para mozos e mozas que desempeñen unha actividade estatutaria, funcionarial ou laboral, tanto se é por conta propia como allea: Lugo: Centro Residencial Xuvenil LUG. 7 prazas Ourense: Florentino L. Cuevillas. 5 prazas Vigo: Altamar. 8 prazas. Requisitos estudantes: – Non superar os 30 anos de idade antes da data en que remate o prazo de presentación de solicitudes. – Cursar estudos de ciclos formativos de grao medi...

Subvencións entidades de acción voluntaria 2012 - 2

ORDE do 15 de maio de 2012 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2012. Data de publicación:DOG Núm. 101, do 29 de maio de 2012. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120529/AnuncioCA05-220512-0001_gl.html

Subvención parcial para a obtención do carné de conducir

Axudas para a obtención do permiso de condución clase B por parte dos mozos e mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e mobilidade, así como sensibilizar e fomentar unha condución segura e responsable entre a xuventude. Requisitos dos/das solicitantes. Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os requisitos incluídos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e ademais: a) Teñan entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude. b) Estean en situación de desemprego, cunha antigüidade mínima de seis meses, no momento de presentar a solicitude. c) Sexan titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude. d) Teñan a súa residencia en Galicia. e) Acrediten un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar non superior a 2, 5 veces o indicador pú...