VI CERTAME DE PINTURA RÁPIDA BARRO 2018

VI CERTAME PINTURA RAPIDA 2018

VI CERTAME DE PINTURA RÁPIDA

BARRO 2018

BASES

 

1.- As presentes bases teñen por obxeto regular a participación no VI Certame de Pintura Rápida “BARRO 2018, que terá lugar o día 17 de xuño de 2018.

2.- Poderán participar no concurso calquera persoa que o desexe inscribíndose previamente. O dereito de inscripción será gratuito.

3.- Inscripción: Os participantes poderán optar por calquera das seguintes canles:

a) Presentar instancia no Rexistro do Concello de Barro (Santo Antoniño 11 – Perdecanai – 36194 BARRO) ata as 15:00 horas do día 15 de xuño de 2018.

b) A través do correo electrónico oficinas@barro.es  ata as 15:00 horas do día 16 de xuño de 2018.

En calquera caso as solicitudes deberán conter os seguintes datos:

- Nome completo do autor/a.

- Dirección, código postal e localidade.

- Número de teléfono de contacto.

- DNI, pasaporte ou tarxeta de identificación.

c) O mesmo día do selado dos lenzos en horario de 09:00 ata as 11:00 horas no Concello de Barro (Santo Antoniño núm. 11 – Perdecanai - 36194 BARRO).

 

4.- O estilo e a técnica é libre. A temática: calquer lugar do municipio de Barro.

5.- Cada participante presentará unha soa obra. O soporte será sobre estructura ríxida, fondo blanco, sin texturas, nin outras aplicacións previas. As dimensións mínimas serán de 50 cm por calquera dos seus lados. Non se permitirá o uso de fotografías, ordenadores, cámaras, medios ou materiais fotográficos.

6.- O material necesario para desenvolver a actividade será por conta do participante, incluindo obrigatoriamente o cabalete para a exposición.

7.- O horario de selado dos lenzos será dende as 09:00 ata as 11:00 horas no Concello de Barro, sito en Santo Antoniño núm. 11 – Perdecanai (36194 BARRO). Poderán selarse dous soportes pero só se entregará un para o concurso.

8.- A Organización facilitará ós participantes plano do Concello para que comuniquen a ubicación na que se atopan realizando a súa obra e así poder visitalos en calquer momento e comprobar a evolución da mesma. Así mesmo, ésta deberá realizarse IN SITU. Non se admitirán traballos pintados mediante foto.

As obras participantes serán entregadas ese mesmo día ó xurado no Pazo da Crega de 18:00 a 18:30 horas sin marca, sinais nin sinatura, agás as que a Organización empregará para o seu control.

 

9.- As obras expoñeranse no Pazo da Crega de 18:30 a 19:30 horas para a valoración do xurado.

As 20:00 horas no Pazo emitirase o fallo do xurado e realizarase a entrega de premios. Coñecidas as obras premiadas, os autores/as asinarán as mesmas en presencia dun membro da Organización.

 

10.- As obras non premiadas serán retiradas polos seus propietarios/as aportando o DNI ou documento acreditativo que identifique a identidade do autor e poderán ser vendidas ou subastadas no recinto unha vez rematada a entrega de premios. A comisión organizadora poñerá o máximo coidado no desenvolvemento e conservación das obras pero non se responsabiliza dos danos que poidan sufrir por causas axenas, así como tampouco se  responsabiliza dos danos que poidan sufrir os/as participantes ou causar estes.

As obras premiadas pasarán a ser propiedade da Organización ou dos seus patrocinadores e reservase o dereito de reproducción.

Os/as participantes aceptan ser fotografiados, filmados e ceden os dereitos de imaxe á Organización para posibles arquivos ou reproducción en medios de prensa.

 

11.- O xurado está composto por:

- PRESIDENTE: 

- D. Juan Carlos Meana Martínez (Profesor Belas Artes).

- VOCAIS:    

- Dna. Ana Seoane Suárez (Profesora Belas Artes).

- D. Manuel Busto Magdalena (Pintor).

- Dna. Maribel Iglesias Baldonedo (Doutora en Arte).

- Dna. Teresa Pérez Benito (Representante do Concello de Barro).

 

- SECRETARIO:

  • D. Juan José Pena Barros.

 

12.- Establécense os seguintes premios:

- Primer premio:        1.000,00 € donado polo Concello de Barro.

- Segundo premio:        500,00 € donado por Abanca Corp. Bancaria S.A.

- Tercer premio:            300,00 € donado por Muiñada de Barosa.

 

- Accesit privados:

- 100,00 € donado por Supermercados Día e Cerámicas Oscar Gómez.

 - 100,00 € donado pola Xunta de Montes de Portela.

Os premios están suxeitos á lexislación vixente e serán abonados o día do certame, unha vez rematado o mesmo.

 

13.- A Organización resérvase o dereito de facer modificacións ou tomar iniciativas non reguladas nas bases, sempre que contribuia ao mellor desenvolvemento do certame. Calquera dúbida, aclaración ou reclamación presentaráselle á comisión organizadora.

14.- O certame poderá suspenderse por causas de forza maior ou por falla de asistencia mínima ó evento, previo aviso ós/ás inscritos/as ata o momento.

15.- O feito de participar neste certame supón por parte dos/as autores/as a conformidade absoluta das bases e a absoluta conformidade co fallo do xurado.

 

Máis información sobre o concurso en : oficinas@barro.es ou chamando o teléfono 986 711 002.

 

Dilixencia.- Para facer constar que se detectou un erro no donante do SEGUNDO PREMIO, polo que se procede a súa subsanación quedando as bases tal como agora se publican. Barro a 12 de xuño de 2018.