SERVIZO DE CITA PREVIA DEPARTAMENTO SERVIZOS SOCIAIS CONCELLO DE BARRO

cita previa servizos sociais concello de barro

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Barro dende o luns día 1 de xuño atenderá ao público con cita previa.

Para solicitar cita poderá chamar ao teléfono 986 617 227.

Novo prazo de presentación de declaracións anuais de ingresos de pensións non contributivas do 1 de xuño ao 18 de xuño de 2020.

Por outra banda, informar que se prorroga a vixencia das resolucións e certificados de recoñecemento de grao de discapacidade expedidos en Galicia, que se atopasen sometidos a revisión por caducidade durante o ano 2020 ata o día 14 de marzo de 2021 (Resolución do 26 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social).