SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ - AGRUPACIÓN DE CONCELLOS

1 atencion tempera

Os Concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas asinan un convenio de colaboración  para a prestación de Servizos de Atención Temperá, entendido como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, a  súa familia e ao  seu contorno. Ten como obxetivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan  os nenos e nenas  con transtornos no desenvolvemento ou en risco de padecerlos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

Para mais información, acuda ao Departamento de servizos Sociais do Concello de Barro.