SANIDADE E COSUMO

O Servizo de Sanidade e Consumo ten como misión:

* Campañas de prevención para a saúde.
* O control sanitario de edificios, lugares de vivenda e convivencia humana. 
* A xestión e o control dos temas relacionados cos animais de compañía: Animais potencialmente perigosos, censo canino, mordeduras, molestias relativas á tenenza dos mesmos, control de colonias de gatos, guía de rúas, control colonias de pombas, malos tratos a animais, control da recollida de excrementos e reparto gratuíto de bolsas ó efecto, avisos de animais abandonados.
 * Avisos puntuais de tratamentos vectoriais por notificación de veciños (ratas, cascudas, mosquitos, pulgas) fóra das campañas programadas.