PROGRAMA MAIS EMPREGO III

programa mais emprego iii

O Concello de Barro vai poñer en marcha un PROGRAMA INTEGRADO PARA O EMPREGO, xunto cos concellos de Caldas de Reis, Portas e Cuntis, este programa inclúe actuacións de orientación, asesoramento e formación para a inserción laboral das persoas participantes.

Os grupos destinatarios para participar  neste programa MÁIS EMPREGO III son:

  • Menores de 30 anos sen cualificación.
  • Menores de 30 anos con cualificación.
  • Persoas maiores de 45 anos.
  • Persoas empadroadas nos concellos sinalados e inscritas na oficina de emprego como demandantes de emprego.

     

    O PRINCIPAL OBXECTIVO DESTE PROGRAMA É ACADAR  UN POSTO DE TRABALLO PARA AS PERSOAS QUE PARTICIPEN NEL.

     

    Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta iniciativa de emprego  deben acudir á oficina de emprego e solicitar o CÓDIGO 930  para poder saír no sondeo e formar parte do proceso selectivo.

     

    Para máis información chamar ao Centro de Formación Ocupacional “ A Ran”: 986 548 708 e no 986 532 579.