INICIATIVA XOVE

Prazo: Dende o 16/04/2014 ata o 15/05/2014

Requisitos:

Áreas de atención prioritarias:

-Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade concretar as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
- Proxectos de fomento de actitudes creativas, innovadoras, participativas e de liderado da xuventude na súa comunidade e no seu contorno, así como de fomento da accesibilidade de mozos e mozas con discapacidade a actividades culturais e de lecer.
- Proxectos que permitan a participación en experiencias de educación non formal en distintos campos.
- Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.
- Proxectos que fomenten a participación e a dinamización das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución desde o asociacionismo ou desde os grupos informais

Quen pode solicitar a axuda: 
1. Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil, e que deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos
2. As asociacións xuvenís e as entidades que lle presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/ entidades que as conforman. As asociacións xuvenís e as entidades que lles presten servizos á xuventude e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

Dotación:

Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non superior a 4.000 €.


Mais información na oficina de información xuvenil de barro ou: www.xuventude.net  DOG 15-04-2014