Información pública do Proxecto "Itinerario peonil e ciclista na PO-531. Treito A Devesa-Bretoña".

itinerario peonil a devesa-bretoña

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia fai pública a listaxe dos propietarios afectados polo Proxecto de Construción do Itinerario Peonil e Ciclista PO-531 no seu treito de A Devesa a Bretoña.

Os afectados, que se poden consultar no documento PDF achegado, teñen un prazo de 30 días hábiles para formular alegacións, contados a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia