INDUSTRIA

  Transformación de materias primas en produtos elaborados. Por extensión, o conxunto de instalacións nas que se realizan ditas transformacións.

Se ben a actividade industrial así definida pode facerse extensiva ao que comunmente se denomina artesanía, a diferenza fundamental entre ambas estriba principalmente, en que mentres o artesán realiza por si mesmo tódalas operacións necesarias para obtelo produto final, a industria caracterízase pola súa especialización, de modo que as diferentes etapas do proceso son realizadas por diferentes traballadores, ou incluso empresas.

Para que o sistema produtivo así concibido funcione correctamente é necesaria a intecambiabilidade, é dicir, os produtos obtidos en cada etapa deben cumprir unha serie de requisitos que permitan o seu uso como materia prima na etapa seguinte; por exemplo, o parafuso adquirido á empresa A, debe enroscarse perfectamente na torca comprada á empresa B. Este razoamento leva á introdución  do concepto característico da industria, que non é outro que o da normalización.

En efecto, mentres o artesán realiza creacións únicas no seu especie, a industria dedícase a clonar indefinidamente un determinado produto. A recente introdución  da robótica e a fabricación flexible na industria, pretende rematar con esta disxuntiva, tendéndose actualmente cara a fabricación de produtos á carta, de modo que o consumidor figúrese que adquiriu un produto exclusivo; así, por exemplo, podemos elixir ó adquirir un automóbil entre un número cada día maior de opcións.