Exposición Publica Proxecto de Camiños PARCELARIA PERDECANAI - BARRO II

anuncio exposic public porx camiños 2f perdecanai barro ii

Proxecto de Camiños de  servizo e  obras  na  zona  de reestruturación parcelaria de Perdecanai-Barro  Il.  2ª fase, X-14019.

 

AVISO

 

ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE PERDECANAI-BARRO  Il

(BARRO - PONTEVEDRA) EXPOSICIÓN PÚBLICA DE PROXECTO DE OBRAS

 

Consonte co artigo 63.2 da Lei 4/2015, de 17 de xuño, de mellora da  estrutura  territorial agraria de Galicia comunícase a todas as persoas propietarias e interesadas en xeral que vai estar exposto ao público o Proxecto de Camiños de  servizo e  obras  na  zona  de reestruturación parcelaria de Perdecanai-Barro  Il.  2ª fase, X-14019.

Durante o período dun mes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas, mediante escrito rexistrado nas  oficinas da Xunta de Galicia ou por calquera dos medios establecidos legalmente.

Se desexa facer a presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia  pode facelo mediante a solicitude xenérica (PR004A).

 

Período de alegacións:

Data inicio: 4 de setembro de 2019

 Data final:  3 de outubro de 2019

 

Poderán consultar a documentación do referido proxecto no seguinte enderezo:

 

Oficinas do Concello de Barro Lugar San Antoniño, 11 - Perdecanai - 36194 Barro (Pontevedra)

 

e na seguinte dirección web da Consellería do Medio Rural, na sección "Publicacións":

https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-procesos