DIA MUNDIAL SEN TABACO 2019

día mundial sen tabaco 2019

MANIFESTO DIA MÚNDIAL SEN TABACO 2019

O 31 de maio de cada ano a Organización Mundial da Saúde (OMS) celebra o día Mundial sen Tabaco co fin de poñer de relieve os riscos asociados ó tabaquismo, tanto para a saúde como noutros ámbitos, e avogar por políticas eficaces para reducir o seu consumo, sobre todo entre os /as mozos/as.

O lema do Día Mundial Sen Tabaco deste ano 2019 é “O tabaco e a saúde pulmonar”, a campaña pretende concienciar á poboación sobre as consecuencias negativas que o tabaco ten para a saúde pulmonar das persoas (cancro, enfermidades respiratorias crónicas, etc.), e a importancia dos pulmóns na nosa saúde e benestar. De igual xeito, quérese facer un chamamento sobre as posibles medidas e accións que os gobernos e a poboación en xeral podemos adoptar para reducir os riscos causados polo tabaco na nosa saúde.

Os últimos datos do Plan Nacional sobre Drogas (PNSD) reflexan un repunte no consumo diario de tabaco,pasando dun consumo diario do 30,8% da poboación entre 15 e 64 anos no 2015 a un consumo do 34% no2017 (enquisa EDADES 2017/18), volvendo así a cifras semellantes ás rexistradas fai 20 anos (1997). Estes datos deben facer que se continúe cos esforzos encamiñados a previr e reducir o consumo de tabaco na poboación xeral e en especial entre os/as menores de idade, xa que a idade de inicio do consumo de tabaco se sitúa nos 14,1 anos (enquisa ESTUDES 2016/17) , establecéndose o consumo diario antes dos 15anos (ESTUDES 2016/17).

Tendo en conta os datos do PNSD e seguindo as directrices da OMS, dende o Proxecto de Prevención das drogodependencias e outras condutas aditivas de Barro, Cuntis, Moraña e Portas realízanse varias accións encamiñadas a reducir o consumo de tabaco entre a poboación dos catro concellos e previr o consumo entre os/as menores de idade (Programa para deixar de fumar, Intervencións preventivas e de sensibilización sobre o tabaco no ámbito escolar, familiar, xuvenil e comunitario). A través de ditas accións preténdense acadar os seguintes obxectivos:

- Reducir a prevalencia do consumo de tabaco nos concellos de Barro, Cuntis, Moraña e Portas.

- Fomentar hábitos de vida saudable que inclúan o rexeitamento do consumo de tabaco por parte

dos/as menores de idade, así como a modificación de actitudes e comportamentos da sociedade.

- Limitar o acceso de menores de idade ó tabaco.

- Aumentar os coñecementos da poboación sobre os riscos do tabaco, entre eles os pulmonares.

Finalmente, debemos resaltar que para acadar os obxectivos antes sinalados a responsabilidade é de toda a poboación, polo que, todos/as debemos poñer o noso gran de area fronte a esta problemática. Por iso,animamos a todos/as os/as fumadores/as a intentar abandonar o consumo de tabaco e apelamos á responsabilidade da poboación en xeral e, particularmente á dos/as hostaleiros/as e donos/as de estancos,recordando que está prohibida a venda, suministro e dispensación de tabaco ós/ás menores de 18 anos (Lei42/2010, do 30 de decembro, pola que se modifica a Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ó tabaquismo e reguladora da venta, do suministro, do consumo e da publicidade dos produtos do tabaco).