Descrición do petroglifo

descricion-outeiro-codeso

Petróglifos de Outeiro de Codeso

Grupo que inclúe catro bloques de granito con motivos xeométricos de círculos concéntricos con coviña central ou non, así como grupos de coviñas dentro de círculo ou repartidas pola superficie. Sinalar o gravado da rocha 3 que lembra os motivos oculados.

Cronoloxía e significado: desde o 3000 antes de Cristo ata a cultura castrexa.

O significado é complexo. Antes da aparición da escritura, estas sociedades de agricultores empregaban unha linguaxe simbólica. Na actualidade non dispomos das claves para interpretar esta linguaxe, pero podemos achegarnos ao sentido xeral.

Hoxe ten vostede o privilexio de poder aprecialos na súa paisaxe orixinal

 

Consellos para unha boa experiencia e conservación da arte rupestre:

  • A hora máxica: o mellor momento para a visita coincide coa luz do sol de mañá ou á tardiña, cando incide de xeito oblicuo, facendo resaltar os sucos nas superficies rochosas e permite a mellor visualización dos motivos.
  • Tocar ou pisar os gravados son accións danosas, axudan a acelerar a súa erosión e á perda de miles de anos da nosa historia.
  • Non debemos remarcar os gravados. O uso de pinturas ou tintas axudaría a súa alteración e a destrución.
  •  Durante o percorrido utilice os sendeiros habilitados para a visita.
  • Respecte o arborado e a vexetación existente.
  • Leve consigo o lixo ou obxectos danosos para o ambiente e deposíteos nos lugares axeitados.