Descricion

descricion-castro_loureiro

Descubrindo a Arte Prehistórica...

A palabra Petróglifo provén dos termos gregos petros (pedra) e glyphos (gravado)

Petróglifos de Castro Loureiro

Grupo que inclúe catro bloques de granito con motivos xeométricos de círculos concéntricos con coviña central ou non, e trazos lineais. É a temática máis representada na arte rupestre galega.

Cronoloxía: desde 3000 antes de Cristo ata a cultura castrexa.

O significado é complexo. Representan un código simbólico dos grupos sociais agrícolas que os crearon, ben para transmitir unha narración, ben para marcar un territorio, etc.

Hoxe ten vostede o privilexio de poder aprecialos na súa paisaxe orixinal.

Consellos para unha boa experiencia e conservación da arte rupestre:

  • A hora máxica: o mellor momento para a visita coincide coa luz do sol de mañá ou á tardiña, cando incide de xeito oblicuo, facendo resaltar os sucos nas superficies rochosas e permite a mellor visualización dos motivos.
  • Tocar ou pisar os gravados son accións danosas, axudan a acelerar a súa erosión e á perda de miles de anos da nosa historia.
  • Non debemos remarcar os gravados. O uso de pinturas ou tintas axudaría a súa alteración e a destrución.
  •  Durante o percorrido utilice os sendeiros habilitados para a visita.
  • Respecte o arborado e a vexetación existente.
  • Leve consigo o lixo ou obxectos danosos para o ambiente e deposíteos nos lugares axeitados.