Curso de reciclaxe téxtil

Cartel curso reciclaxe téxtil

O Concello De Barro, en colaboración coa Asociación Boa Vida, impartirán un curso de reciclaxe téxtil e competencias persoais entre o 5 o 22 de marzo. Estará financiado ao 100% pola Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo, e poderán inscribirse tódalas persoas interesadas do concello de Barro e arredores.
Os obxectivos específicos son:
• Capacitar na xestión e tratamento de residuos, prioritariamente téxtil, para a súa reutilización e reciclaxe.
• Introducir as ferramentas básicas en materia de recollida selectiva do lixo e a reciclaxe téxtil como a base ducha economía sustentable.
• Acompañar na mellora do proceso de inserción sociolaboral.
• Elaborar novos produtos a partir de materiais téxtil en desuso.

Para conseguir estes obxectivos, iranse facilitando os seguintes contidos:
1. Habilidades e competencias bio-psico-sociais (autocoñecemento, xestión do tempo e das emocións, a familia, a economía e os afectos...)
2. A sociedade, relación coa natureza e ciclos.
3. Os residuos: marco legal para os residuos.
4. A recollida selectiva e o tratamento dos residuos.
5. O téxtil no contexto dos residuos. Proceso e xestión da facción téxtil con elaboración de novos materiais a partir doutros xa usados.
6. Introdución ás nocións básicas de xestión dun colectivo de traballo.
7. Módulo de sensibilización ambiental.
8. A busca activa de emprego
9. Módulo de Igualdade de Xénero.

As persoas interesadas deben presentarse o luns, 26 de febreiro ás 10 da mañá para a entrevista, na que se verificará a ausencia ou déficit grave de recursos económicos e a situación de desemprego, cando esa condición supoña especiais dificultades de integración social ou laboral, así como a concorrencia dalgún dos factores de exclusión seguintes:
• Estar nunha situación de cargas familiares non compartidas,
• Estar en proceso de rehabilitación social, como resultado dun programa de deshabituación de substancias aditivas ou de calquera outra adición que produza efectos persoais e sociais de natureza semellante,
• Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero,
• Ter unha discapacidade valorada superior ao 33%, ser inmigrante ou emigrante retornado.
Terán prioridade aqueles que determinen os Servizos Sociais Municipais de Barro e o Equipo de Inclusión.
Os puntos de inscrición e información son:
• Concello de Barro. Servizos Sociais.
• Plan de Inclusión. Barro.
• Oficina de Dereitos e Deberes Sociais Boa Vida.
• R/ Santa Clara nº35 Pontevedra. itinerariosboavidainclusion@gmail.com