Cotobade

Municipio limítrofe con Pontevedra, bañado polo río Lérez e marcado polas elevacións da Serra do Suido, desde onde se contemplan excelentes panorámicas das rías.

A Chan é a capital dun municipio que non ten no seu territorio ningunha entidade de poboación que leve o seu nome, xa que o topónimo parece derivar de ?Coto do Abade? en relación co convento de Tenorio.

Cotobade conserva un gran número de petroglifos feito que confirma que foi habitado desde moi antigo. Gravados rupestres con variada temática de cervos, labirintos, motivos xeométricos, que están representados nas estacións de Pedra das Ferradas, Laxe das Coutodas, Laxe do Cuco e Outeiro do Lombo da Costa. É nestas últimas, localizadas na parroquia de San Xurxo de Sacos, onde hai máis gravados e son consideradas como unha das mostras máis importantes da arte rupestre galego.

As calzadas e pontes testemuñan o proceso de romanización, mentres que a época medieval estivo marcada pola xurisdicción do duque de Sotomaior.

Cotobade tradicionalmente foi e é terra de excelentes e afamados canteiros, que deixaron a súa pegada no rico patrimonio do municipio. En arquitectura relixiosa destaca a igrexa románica de Santa María de Sacos, a igrexa de Santa Mariña de Aguasantas do século XVI e os restos do antigo mosteiro de Tenorio. Este último debeu de ser construído no século X. Incendiado na Guerra da Independencia, na actualidade só pode visitarse o claustro do século XVI, que ten dous pisos e a igrexa que conserva elementos románicos.

En arquitectura civil podemos destacar varias casas solariegas como a de Braña ou San Xurxo de Sacos e pazos coma o de Espinosa ou Bermúdez.

Pero sen dúbida un dos principais atractivos de Cotobade é o paisaxe surcado polo río Lérez cos seus afluíntes e salpicado cunha frondosa vexetación entre a que se conserva unha poboación de carballos milenarios, no robledal de San Xusto. Os ríos ofrécennos tamén lugares para o descanso na áreas recreativas de Pozo Negro, Covelo, Xesteira e Famelgas.

Imprescindibles:
Carballeira de San Xusto
Gravados rupestres.

Conxunto de Gravados Rupestres de Fentáns

Localización
Parroquia: San Xurxo de Sacos
Lugar: Fentáns

Descrición
Este conxunto comprende case 300 gravados. Ímosnos a referir aquí ós tres conxuntos principais. A Pedra das Ferraduras é unha das estacións máis coñecidas. Na parte superior da rocha apréciase un dos mellores exemplos de pegadas de cérvidos e bóvidos que parecen dirixirse cara a unha combinación de círculos concéntricos. En na parte sur represéntase unha escena de caza ou acoso formada por sete figuras antropomorfas moi esquematizadas que levan armas e rodean ós cervos. Hai tres deseños dos chamados ídolos-cilindros. A Laxe dos Cebros posúe un deseño laberíntico con gran cazoleta central, ó redor do que se dispoñen as restantes figuras: varios cérvidos e combinacións circulares. O característico deste conxunto é que tódalas figuras están unidas entre sí en maior ou menor grado. Para rematar citamos ó Coto do Rapadoiro, situado nunha pequena rocha na que se aprecian catro combinacións circulares; na parte inferior un posible ídolo, unha combinación circular e un cérvido xunto a unha figura humana que parece ferilo. No extremo da dereita outro cérvido. A cronoloxía dos petroglifos sitúase na transición do III-II milenios a. De C.

Gravados Rupestres de Portela da Laxe

Localización
Parroquia: Viascón
Lugar: Viascón

Descrición
Trátase dunha gran rocha onde destacan os gravados con combinacións circulares, cadrados recheos de puntos, paletas e unha interesante cruz esvástica no punto medio da metade esquerda. Cronoloxía da transición do III ó II milenio a. de C. Recoméndase velos con luz solar rasante, que é cando mellor se perciben, sobre todo aqueles menos claros.