CAMBIO DE LOCAL ELECTORAL NA PARROQUIA DE BARRO

cambio local electoral parroquia de barro

CAMBIO DE LOCAL ELECTORAL NA PARROQUIA DE BARRO

 

            O vindeiro 12 de xullo  van ter lugar as ELECCIÓNS AUTONÓMICAS que tiñan prevista a súa celebración no pasado mes de abril.

            Debido a crise sanitaria do COVID-90 que estamos a vivir a Xunta de Galicia estableceu un protocolo e unhas condicións a cumprir por todos os colexios electorais, para votar coa maior seguridade posible, polo que a Xunta de Galicia enviou técnicos/as a revisar as condicións de todos os locais electorais .

            Entre as recomendacións do equipo técnico pídese que se fagan as votacións en espazos o máis amplos posible e preferiblemente que teñan unha porta de entrada e outra de saida.

            Por este motivo, na parroquia de BARRO, decidiuse que o local electoral para estas eleccións sexa o Centro Social ESCOLA DE BARRO, pois, é máis amplo que a escola de Cangrallo donde se fan as votacións habitualmente, e ademáis permítenos a entrada por unha porta e a saida por outra, para evitar o cruzamento de persoas e que as votacións sexan o máis áxiles e seguras posible.

            Pedimos disculpas polas molestias que este cambio poida provocar a algunhas persoas, pero pensamos que no momento que estamos a vivir o máis importante é a saude de todas e todos, e este novo local electoral reúne unhas mellores condicións para garantir as medidas sanitarias a cumprir o día das votacións.

 

LOCAL ELECTORAL DA PARROQUIA DE BARRO

CENTRO SOCIAL ESCOLA DE BARRO

Barro (San Breixo) 16 – Barro (36191 BARRO).