Bueu

Bueu atópase na Península do Morrazo, entre Marín e Cangas.

Goza dunhas moi fermosas praias e unha costa cunhas vistas sobresaíntes.
Aparte de poder gozar das mencionadas praias, merece tamen mención:

Ruta dos Abades ou dos Muíños
O primeiro que nos vai chamar a atención é a gran cantidade de muíños de auga que nos atopamos. Destacamos na parroquia de Cela dous muíños, rehabilitados recentemente polo Concello de Bueu, un no barranco de O Canudo e outro na Torre; así coma o conxunto de muíños do río Frade en Meiro, varios deles rehabilitados e usados nas sucesivas actividades "Do Millo Corvo", quedando algúns aínda en ruínas pero proxectada a súa restauración.

Ruta dos Pazos
Neste percorrido achegámonos á historia e a tradición pasando por fermosas aldeas onde atopamos casas tradicionais, gran número de hórreos, coa peculiaridade de ter un reloxo de sol, palleiros e moitos cruceiros preto das igrexas ou nos cruces de camiños.


Ruta de Cabo Udra
Cabo Udra limita a Ría de Aldán da de Pontevedra e ofrece excepcionais vistas de ámbalas dúas. É na franxa costeira e no propio cabo Udra onde radican os principais valores desta ruta. A costa é unha sucesión de magníficas praias separadas por zonas de cantís que serven de asentamento para moitas comunidades animais e vexetais.


San Martiño de Bueu
Antigamente a igrexa de San Martiño de Bueu era de estilo románico, de pranta rectangular con tres capelas adosadas.

Santa María de Cela
Santa María de Cela, é unha Interesante mostra do estilo románico ben conservada.

Santa María de Beluso
Non se coñece a data da súa fundación, pero tense referencia escrita do século XII, cando Fernando II, xuntamente coa súa muller a raíña Doña Urraca e o seu fillo Alfonso, doan ó mosteiro de S. Xoán de Poio esta igrexa. En 1303 Fernando IV confirma dita doazón.

Pazo do Casal
O máis antigo pazo de Bueu, data de 1409. Está situado na marxe dereita da estrada Bueu-Cangas, no lugar da Graña.

Hai unha tradición que recolle que neste pazo descansou a raíña Doña Urraca, e que unha das mulleres da familia Aldao fora a súa dama de compañía.

Pazo de Castrelo
Situado no alto do Valado, no Monte do Roxo, cunha vista preciosa de A Graña, Cividad e Outeiro, así coma o val do río Bispo e a ría de Pontevedra hasta a súa entrada en Marín.

Pazo de Buril
Casa da "Granxa de Curil", situada na feligresía de Santa María de Beluso. Parece ser que esta casona foi fundada pola familia Rúa.

Pazo de Santa cruz
O máis importante dos pazos de Bueu. Fundado en 1659 por D. Fernando de la Rúa y Freire, cura párroco de San Martín de Bueu, inquisidor do Santo Oficio para o arciprestazgo do Morrazo.

En 1671, nos patios deste pazo, construíuse unha capela en devoción á Santa Efigenia. (Capela de Santa Cruz).

Este pazo atópase moi ben conservado; está almenado e no escudo lense as armas dos Rúa, Nova, Pimentel e racimo dos España.

Está situada no alto da Carrasqueira, un anfiteatro natural sobre a enseada de Bueu, cunha panorámica fabulosa .

PARQUE NATURAL
O 13 de Xuño de 2002, a illa de Ons, conxuntamente con Cíes, Sálvora e Cortegada convertéronse no primeiro Parque Nacional de Galicia, (decimoterceiro de España) cunha extensión de 1.200 hectáreas terrestres e 7.200 marítimas. Recibe a denominación de Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Ó noso concello pertence a citada illa de Ons, declarada zona de interese pola singularidade da súa flora, fauna e paisaxe, que a converten en patrimonio natural e cultural de gran valor científico, educativo e recreativo.

Situación e historia

Esta marabillosa illa atópase situada no Océano Atlántico a moi poucos quilómetros de terra firme. Situada no noroeste peninsular español está adscrita ó Concello de Bueu dende o ano 1844. Limita coa praia da Lanzada, as terras do Grove e a Illa de Sálvora ó Nordeste - Norte - Noroeste; e co Océano Atlántico polo Oeste

http://www.concellodebueu.org/