bando Sobre a xestión de biomasa e a prevención de incendios

bando biomasa

A Consellería de Medio Rural, en base á Lei 3/2007, e á Orde do 31 de xullo de 2007, establece: 

1. Todas as persoas propietarias ou usufructuarias de terreos situados no Termo Municipal teñen a obriga de xestionar a biomasa vexetal nas súas propiedades antes do 30 de maio de cada ano. Esta xestión debe executarse obrigatoriamente nas seguintes zonas: 

  • En faixas de 50 metros arredor dos núcleos de poboación, así como dentro dos propios núcleos; arredor de parques industriais, e de outras instalacións e edificacións illadas situadas incluso en sólo rústico.  

 

2.  De acordo coa devandita lexislación e coa Lei de Montes 7/2012 de 28 de xuño, o non cumprimento da obriga da xestión de biomasa vexetal constitúe unha infración pola que as Administracións Públicas poden impoñer sancións económicas ou proceder á execución subsidiaria de dita limpeza, repercutíndolle eses custos ás persoas responsables das parcelas.