BANDO ESTADO DE ALERTA CORONAVIRUS

20200315 bando alerta coronavirus

BANDO

O Concello de Barro a vista do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de ALARMA para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, procedemos a

         ADOPTAR AS SEGUINTES MEDIDAS como complemento ao Bando do 13 de marzo de 2020:

 

- A atención ao público nas dependencias municipais queda SUSPENDIDA (non se atenderá presencialmente), so se atenderá naqueles casos de extrema urxencia e necesidade, casos que serán valorados previamente trala solicitude de cita chamando aos teléfonos 986 711 002 ou 986 711 629, ou a través do enderezo electrónico oficinas@barro.gal, posto que OS PRAZOS PARA TODOS OS TRÁMITES ADMINISTRATIVOS FORON PARALIZADOS.

Os trámites electrónicos co Concello poderánse realizar a través da sede electrónica barro.sedelectronica.gal.

 

- Durante a vixencia do estado de alarma as persoas únicamente poderán circular polas vías de uso público para mercar alimentos (tendas, panaderias,…), productos farmacéuticos (farmacias, parafarmacias) e de primera necesidade; desparazamento ao lugar de traballo, entidades bancarias, gasolineiras, coidado de maiores, menores, dependentes, discapacitados ou persoas especialmente vulnerables.

A permanencia nos establecementos comerciais con apertura permitida deberá ser a estrictamente necesaria para que os consumidores poidan realizar as compras, e en todo caso evitaranse aglomeracións, respetando que tanto consumidores como empregagos manteñan a distancia de seguridade de polo menos un metro a fin de evitar posibles contaxios.

 

Temos que ser moi respetuosos e agradecidos con todo o persoal que lles toca traballar prestando os servizos básicos. Un recoñecemento a todos e todas elas, actuemos con responsabilidade.

 

Recoméndase que se sigan as instruccións do Ministerio de Sanidade, e a Consellería de Sanidade e no caso de ter algún síntoma contactar co 900 400 116.

 O Concello de Barro pide colaboración na loita contra o virus.