Bando campamento verán "DEPO Aventura A Lanzada 18"

Bando campamento verán 18

CAMPAMENTOS DE VERÁN “DEPO AVENTURA A LANZADA 2018”

A Deputación de Pontevedra publicou no (BOPPO nº46 do 6/03/2018) Extracto (BOPPO nº47 do 7/03/2018) as bases reguladoras do Programa Depo Aventura A Lanzada para o ano 2018.

Obxecto:

Promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural.

Os campamentos distribuiranse en 11 quendas de 7 días de duración cada un.

Destinatarios: Poderán participar nenas e nenos que cumpran os seguintes requisitos:

·Ter nacido entre 2005 e 2010 (ambos incluidos)

·Estar empadroadas ou empadroados na provincia de Pontevedra.

·Non padecer ninguna enfermidade infectocontaxiosa en fase activa.

Prezo da praza:

·100 €/praza

·80 €/praza para menores de familias numerosas

·Subvención do 100% da praza para menores de familias en situación de precariedade económica (4 prazas)

O prazo de solicitude é de 20 días naturais contados a partir da publicación do extracto desta convocatoria no BOPPO. Do 08 ao 27 de marzo de 2018, ambas as datas incluidas.

Os/as interesados/as deberán acudir ó departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Barro.

Barro a 9 de marzo de 2018

O ALCALDE.