Bando axudas fillo menor a cargo

bando axudas fillo menor a cargo

PAGAMENTO ÚNICO POR FILLO MENOR A CARGO

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL publicou a Orde de 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para o ano 2018.

Poderán ser beneficiarias aquelas persoas que teñan ó seu cargo fillos e fillas de tres anos a data 1 de xaneiro de 2018 (nados entre o 2/1/2015 e o 1/1/2018, incluídos), e fillos e fillas adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2016 e o 31 de decembro de 2017), e que non teñan presentada declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio 2016, nin a presenten de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada fillo ou filla menor de tres anos. A contía da prestación será:

*cando sexa o primeiro fillo/a 360,00€

*cando sexa o segundo/a 1.200€

*cando sexa o terceiro/a ou sucesivos 2.400€

As solicitudes tramitaranse no Servizo Social Comunitario do Concello dende o 1 de febreiro ata o 21 de marzo.

 

Barro a 6 de febreiro de 2018.

O ALCALDE