AXUDAS PARA SERVIZOS BÁSICOS DE EMERXENCIA, estado de ALARMA

bando axudas emerxencia estado de alarma

Diante da situación  social que estamos a vivir pola declaración do estado de ALARMA, o concello habilitou unha liña de axudas co obxectivo de atender as demandas de necesidade urxente das persoas que peor o están pasar.

        Estas axudas están financiadas pola Deputación de Pontevedra, para a prestación de servizos básicos de emerxencia, e o Concello de Barro habilitará unha partida de fondos propios en caso de que a situación se prolongue e non foran suficientes os fondos achegados polo Organismo Provincial.

        As axudas irán destinadas a compra de productos de primeira necesidade.

        Poderán ser beneficiarias as persoas maiores de idade empadroadas no Concello de Barro, que xestionen a súa demanda a través dos servizos sociais  municipais  e que carezan de ingresos suficientes para facer fronte aos gastos polos que se solicita a axuda.

      Para a Xestión da axuda deberán solicitar cita previa chamando aos teléfonos 986617227 / 986711002 (NON SE ATENDERÁ PRESENCIALMENTE SIN CITA).