axudas de acción e promocion cultural correspondentes ao ano 2012.

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca axudas de acción e promocion cultural correspondentes ao ano 2012.

Prazo: Dende o 19/06/2012 ata o 18/07/2012.
Requisitos:

As actividades deberán desenvolverse entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de marzo de 2013. Polo tanto os gastos deberán realizarse dentro deste período.


Poderán ser beneficiarios das axudas as persoas xurídicas, de nacionalidade española, ou de calquera Estado membro da Unión Europea, ou dos Estados signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo.

 

As persoas xurídicas non poderán ter ánimo de lucro e deberán estar legalmente constituídas á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.


Quedan excluídas: as persoas físicas, as Administracións Públicas, os seus organismos autónomos, as empresas públicas e outros entes públicos.


As entidades que fosen beneficiarias nas tres últimas convocatorias non poderán presentarse á convocatoria.


Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas ou entidades nas cales concorra algunha das prohibicións nos termos previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións.


Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
Subdirección Xeral de Promoción de Industrias Culturais e Mecenado.
Praza do Rei, 1, 1. ª planta, 28071 Madrid

O modelo de solicitude: http://www.mcu.es/industrias/

Mais información: BOE: 18-06-2012