Axudas concicliación

Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
Prazo de presentación: 01/04/2016 - 30/04/2016.

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras que sexan homes ou familias monoparentais (homes ou mulleres) que, entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas menores de tres anos, ou menores de 12 anos no suposto de que padezan unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %.

No suposto de adopción ou de acollemento familiar, para teren dereito á axuda non poderán ter transcorrido máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou adopción e, en todo caso, a filla ou fillo terá que ser menor de 12 anos.

2. Ademais, entre outros, deberán cumprir os seguintes requisitos ou condicións: a) estaren empadroados en Galicia, polo menos cun ano de antelación ao inicio do período subvencionado; b) conviviren coa filla ou fillo; c) de ser o caso, a cónxuxe ou parella debe estar traballando; d) teren uns ingresos non superiores a 5,5 veces o IPREM segundo a declaración do IRPF do último período impositivo con prazo de presentación vencido (2014).

Modelo de solicitude e anexos: https://sede.xunta.es/detalle-procedemento…

http://www.xunta.es/…/2016…/AnuncioG0244-220316-0004_gl.htm