AXUDAS BASICAS DE EMERXENCIA SOCIAL 2020

bando axudas basicas emerxencia social 2020

AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA SOCIAL EXERCICIO 2020

A Deputación Provincial de Pontevedra publicou no BOPPO do 2 de marzo de 2020, a aprobación das Bases da convocatoroia de Axudas Básicas de Emerxencia para o exercicio 2020

 

TIPOLOXÍA DE AXUDAS:

1) Alimentación: alimentos perecedeiros, para bebés ou persoas con dietas especiais  prescritas por un facultativo (celíacos, diabéticos, etc.).

2) Uso da vivenda: axudas para o pago de débedas de alugueiro que impidan o desafiuzamento, axudas para o pago de hipoteca, con carácter excepcional, axudas para acondicionamento.

3) Pagamento de recibos: Evitar a perda de subministracións básicas da vivenda (recibo de electricidade, gas ou auga).

4) Pagamento de produtos e servizos de hixiene e limpeza.

5) Pagamento de produtos farmaceúticos.

6) Adquisición de electrodomésticos básicos.

7) Pagamento de desprazamentos a recursos asistenciais ou sanitarios fóra do propio concello cando sexan debidos a tratamentos, xestións ou actividades.

8) Pagamento de lentes e audiófonos (facturas 2020).

9) Pagamentos de gastos derivados de tratamentos de odontoloxía.

10) Pagamento de productos de apoio.

11) Atencións de carácter complementario.

12) Axudas de apoio á infancia

 

As solicitudes tramitaránse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Barro ata o 30/11/2020.