Asesoramente sobre a revisión catastral no municipio de Barro

asesoramento revision catastral

Algúns veciños/as están a recibir notificacións da Xerencia de Catastro en relación coa nova revisión catastal aprobada polo Ministerio de Facenda.

 

         Dado que nas notificacións de alta é difícil interpretar a que construccións se refiren, dende o Concello  pediuselle un equipo técnico ao ORAL que estará a disposición de todas as persoas afectadas tanto para aclarar as notificacións como para axudar a realizar alegación se fose necesario.

 

         Os Técnicos estarán no Salón de Plenos do Concello os días 31 de agosto, 3, 4, 5, 6 e 7 de setembro en horario de 9:00 a 15:00 horas.