Agudelo

Extensión: 5 Km2 

Entidades: 
Os Casás, Concello, Faxil, Guimil, A Lardoeira, Madalena e Valbón.
 
Festas:
San Cibrán - 3° domingo de xuño. Monte da Chan - Casás

San Martiño - 11 de novembro.  Faxil
  
Casa Rectoral de Agudelo

Localización:
Agudelo. Nas inmediacións da Igrexa parroquial.
Estado de conservación: Aceptable.
Descripción: Casa de mampostería, de estructura complexa, destaca a balconada rematada lateralmente por un arco. Nunha esquina do corpo principal estructura cilíndrica anexa. O conxunto en si mesmo é destacable.
 
Igrexa Parroquial San Martiño de Agudelo
 
Localización: Parroquia de Agudelo, Lugar de Faxil
 
Acceso: Na N-550 de A Coruña a Vigo no Km 108 no lugar de San Antoniño de Barro (onde está o concello) proseguiremos 200 metros e tomaremos á dereita a vía que conduce á estación de a Portela, onde unha vez pasada a vía do tren (1Km) afastarémonos á dereita polo camiño de Agudelo durante 2 Km máis antes de atopa-la igrexa..
 
Estado de conservación: Aceptable.
Descrición: Construída no s. XII, estilo románico, de cuia época conserva o ábside cuns fermosos vans e portada occidental. Os muros da nave están reconstruídos. A ornamentación asemella ser da escola do Mestre Mateo. Nun dos capiteis do arco triunfal aparece un músico tocando a zanfoña mentres, no tímpano da porta principal, sostido por dous cans aparece a imaxe do bispo San Martín, acompañado dun año.

Cruceiro da igrexa

Localización:
Agudelo. Fronte ó atrio da igrexa, rodéase de viñas e monte, a súa beira unha vella oliveira.
Estado de conservación: Regular.
Descripción: Sobre tres escalóns, co fuste cuadrangular, basto, logo octogonal, capitel con volutas, arriba cruz con Cristo e imaxe da Virxe. Mesa de oficiar diante.
 
 Cruceiros Camiño Portugués

Cruceiro Güimil
Localización:
Güimil. Agudelo. Nunha explanada recente nun cruce de múltiples camiños. Plantáronse árbores xóvenes ó seu redor.
Estado de conservación: Bo.
Descripción: Pedestal sobre catro escalóns, fuste cuadrangular coas aristas achaflanadas, capitel sinxelo, sobre unha base dunha cruz con brazos oxivail. Recente factura.

Cruz a beira da Igrexa
Localización:
Agudelo. Sitúase sobre unha pedra, que conserva as marcas de perforacións e explosións, a beira da carretera e o monte.
Estado de conservación: Regular.
Descripción: Sinxela cruz sobre un pedestal, situada enriba dunha enorme pedra.

Cruceiro de Lardoeira
Localización:
Lardoeira. Agudelo. No medio dos campos de cultivo no típico cruce de camiños.
Estado de conservación: Regular.
Descripción: Pedestal sinxelo, fuste octogonal, capitel sinxelo con cruz con Cristo e imaxe da Virxe.
 
Cruceiro de Valbón
Localización:
Valbón. Agudelo. A beira da carretera entre viñas e cultivos, a súa beira unha columna de cemento, cuberto de maleza en parte.
Estado de conservación: Malo.
Descripción: Sobre tres escalóns en parte enterrados, pedestal rematado en aro circular, fuste octogonal, con figuras adosadas, capitel sinxelo rematado en cruz con Cristo e diversas imaxes.
 
Cruceiro de Setefontes
Localización:
Güimil. Agudelo. Na parte alta da área recreativa recén construida, cerca dunha capela en construcción e nunha zona recentemente axardinada.
Estado de conservación: Bo.
Descripción: Pedestal composto por unha pedra redonda sobre tres escalóns, o fuste cuadrangular logo hexagonal, capitel sinxelo, cruz con Cristo e Virxe.
 

Galería