AGRICULTURA

A agricultura é o proceso de producir alimento ou outros produtos mediante o cultivo de certas prantas e a crianza de animais domésticos.
A agricultura ten unha gran importancia estratéxica como base fundamental para a autosuficiencia e como base da riqueza das nacións.
A agricultura é o proceso de captación de luz solar mediante seres vivos, quen procesan esta fonte de enerxía.

Historia

A orixe da agricultura atópase no Neolítico cando a economía das sociedades humanas evolucionaron dende a recolección e a caza á agricultura e a gandería. As primeiras prantas cultivadas foron o millo e a cebada. As súas orixes pérdense na prehistoria, pero ó asemellar remóntanse a tres culturas que de forma independente practicábana: en Mesopotamia, en América Central (polas culturas precolombinas) e probablemente ó este de Asa polos chineses. Prodúcese unha transición máis ou menos gradual dende a economía de caza-recolección á agricultura. Unha das razóns da introdución  da agricultura puido ser un cambio climático cara temperaturas máis temperadas. A agricultura permitiu unha maior densidade de poboación que a economía de caza e recolección , e a dispoñibilidade de alimento para un maior número de persoas, permitindo que non tódalas persoas debesen dedicarse á súa produción, o que é crucial no xurdimento das sociedades estatais.

Agricultura ecolóxica

A agricultura ecolóxica é unha forma de agricultura onde non se empregan produtos químicos de síntese e organismos modificados xeneticamente (GMOS), a cal respecta o medio ambiente e tenta lograr un desenvolvemento sostible. en moitos países, incluíndo a Unión Europea e EE.UU. está tamén definida polo Dereito. Básase no mantemento da fertilidade do chan.

Na Unión Europea, a Agricultura Ecolóxica está regulada por un Regulamento, o número 2092/91. Nel especifícase claramente as técnicas autorizadas neste tipo de cultivo.

Explotación agraria

Unha cousa é o tamaño da propiedade e outra o das explotacións. Unha explotación é a unidade técnico-económica da que se obtén os produtos agrarios.

Estas explotacións, segundo as técnicas de aproveitamento, poden ser un latifundio, se son grandes ou un minifundio, se son pequenas. Non ten porqué coincidir gran propiedade con latifundio, nin pequena propiedade con minifundio: a gran propiedade pode estar dividida ata o minifundio e a pequena concentrada, por arrendamento, ata o latifundio. Non obstante ambos extremos adoitan ficar obsoletos e tenden a non ser funcionais. Ademáis, teñen diferentes consecuencias económicas e sociais. Os desequilibrios propiciaron, en tódolos países, reformas agrarias técnicas e políticas.