2020 BARRO DE ESCAPARATE

2020 barro de escaparate

O Concello de Barro convoca o Concurso de ambientación de locais na época de Entroido e Día dos namorados 2020, “Barro de escaparate”. Este concurso vai dirixido a establecementos comerciais e hostaleiros, co ánimo de visibilizar o atractivo do noso pobo, nunhas datas tan salientables como estas, mediante o recoñecemento á realización de intervencións artísticas ou decorativas nos escaparates e fachadas dos nosos comercios, e demais establecementos do municipio. Neste artigo poderán descargar en formato *.pdf as súas bases.