Publicacións

Turismo natural

Neste termo municipal pódese degustar unha grande variedade de viños entre os que sobrasaen as variedades de caíño e albariño acompañados con pratos elaborados con produtos de horta, millo e patacas. O sendeirismo é unha das actividades deportivas que se poden practicar no concello. É o mellor xeito para coñecer os máis agochados recunchos. Son moi fermosas e variadas as vistas panorámicas e dun grande valor paisaxístico.Monte da ChanCasás - Agudelo - 36190 BARRORutas de senderismo:Parque Natural "Ría Barosa"

Parque da Natureza "Rio Barosa"

Parque da NaturezaEste especial complexo etnográfico-medioambiental augas abaixo do río Barosa, parada fundamental do Camiño  Portugués hacia Compostela, no seu transcorrer polo termo municipal de Barro, e máis concretamente no enclave coñecido como o "Parque da Natureza Río Barosa" atópase unha escepcional topografía, expresión natural en forma de remansos e fervenzas, chegando a máxima expresión coa fervenza de Barosa, duns trinta metros de desnivel. Este feíto foi moi ben aproveitado polos nosos devanceiros, xa que nos márxenes construiron dezasete muíños, aproveitando así, a forza da auga e formando un complexo hidráulico de moendas de cereais, como avea, centeo ou millo.Cultura PopularO aproveitamento da enerxía hidráulica permitiu unha etapa histórica de desenvolvemento sostible, coa industria artesanal dos muiños, e sobor de todo, cos sistemas de propiedade, os cales eran: "de herdeiros", propiedade de varios que distribuían en horas o tempo para moer cada un; e outros de "...