Publicacións

OBXETIVO E FORMAS E ESPAZOS DE CONTROL

Esta violencia ten como obxectivo o control sobre os nosos corpos, os nosos espazos, sobre o noso traballo, a nosa liberdade, a nosa identidade, en definitiva, sobre as nosas vidas. O control sobre todos estes aspectos foi tomando formas diferentes segundo as diferentes épocas e realidades. Controlouse o noso corpo, en principio, mediante o intercambio de mulleres dunhas tribos a outras, posteriormente mediante o matrimonio, a prohibición do aborto, o exercicio da prostitución, o tráfico de mulleres,... Utilizouse o noso corpo como reclamo sexual na publicidade, impuxéronsenos canons de beleza que conducen a moitas mulleres á anorexia, bulimia, etc. Negóusenos o dereito a gozar mediante prácticas bárbaras, en certas rexións do planeta, como a ablación do clítoris ... ou máis sutiles como unha educación moral e sexual represora auspiciada polas relixións monoteístas, etc. Dende sempre, nas guerras que outros deciden por nós, fomos consideradas como botín e, ultimamente, c...

CAUSAS

É un dos efectos colaterais, sobre media humanidade, do sistema patriarcal e androcéntrico no que nacemos mulleres e homes o cal está asentado sobre o exercicio da violencia e o dominio económico de territorios e persoas. Esta sociedade está organizada sobre uns estereotipos masculinos e femininos ós que se supeditan uns e outras se non queremos que ós homes considereselles "nenas" e ás mulleres "tíos" "machirulos" ou outras lindezas do estilo. Esta separación de roles, de espazos, de valores limítanos, "castra" e impón cargas, non sempre asumidas de bo grao, a uns e a outras. Este feito, xa grave de por si, se agrava aínda máis polo feito de dar unha valoración moi superior a tódolos arroles, espazos e valores que conforman o estereotipo masculino que ós que conforman o feminino. A orde social, patriarcal dende os inicios da nosa civilización, baseado nunha relación de poder dos homes sobre as mulleres, sempre utilizou e segue utilizando a violencia contra as mulleres p...

CONCEPTO

Violencia de xénero refírese a todo acto de violencia que se exerce contra a muller polo simple feito de selo e que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual psicolóxico ou emocional, xa sexa na vida pública ou na privada. A violencia exercida contra as mulleres é a máis antiga, a máis forte, variada e a máis estendida de todo o planeta, o mesmo Kofi Anan, nada sospeitoso de parcialidade, declarou o ano pasado que 1 de cada 3 mulleres sufriu algún tipo de agresión. No Estado Español é a principal causa de mortalidade prematura das mulleres antes que a SIDA, os accidentes de tráfico e o cancro de mama, 57 mulleres asasinadas a mans das súas parellas, mais de 16.000 denuncias no que vai de ano, un 7% máis que o ano pasado, e isto, segundo tódolos estudios realizados, non é máis que a punta do iceberg, se o xeneralizamos a todo o mundo.