Publicacións

SAÚDE

¿Pode unha muller estar incluída na cartilla sanitaria da seguridade social do seu compañeiro ou cónxuxe? Si. No caso de convivencia de feito calquera dos membros da parella, home ou muller, pode solicita-la inclusión na cartilla sanitaria do que estea traballando. En caso de separación ou divorcio ¿pode a muller seguir sendo beneficiaria da cartilla do seu cónxuxe? Si, pode pedir un duplicado na dirección provincial do Instituto  Nacional da Seguridade Social ou nas axencias deste organismo  aportando copia da sentencia de separación ou divorcio. ¿En que supostos se pode interromper un embarazo? A lexislación española admite a interrupción do embarazo en tres supostos:    - que sexa necesario para evitar un grave perigo para a vida ou a saúde física ou psíquica da   embarazada.  - que o embarazo sexa consecuencia dunha agresión sexual.  - que se presuma que o feto haberá de nacer con graves taras  físicas ou psíquicas. ¿Que p...