Publicacións

MATRIMONIO

¿Que é o matrimonio? Unión estable dun home e unha  muller, formalizada perante o/a xuíz/a ou funcionario/a que o represente, polo que se unen en convivencia en situación de igualdade, e que se inscribe no Rexistro Civil. O matrimonio canónico ten os mesmos efectos que o matrimonio civil. ¿ Que dereitos e deberes teñen os cónxuxes? Os cónxuxes son iguais en dereitos e en deberes. Ambolos dous deben respetarse, axudarse e socorrerse mutuamente, vivir xuntos e gardarse fidelidade, e actuar en interese da familia. ¿ Que é o réxime económico matrimonial? Son as normas que regulamentan os bens e rendas dos cónxuxes desde a celebración do matrimonio. Existen tres réximes distintos: a sociedade de gananciais, a separación de bens e a participación.  En Galicia, de non pactarse ningún, o legal, será o de gananciais. ¿ A quen pertencen os bens adquiridos durante o matrimonio no réxime da sociedade de gananciais? Tódolos bens obtidos polo traballo de calquera dos cónxuxe...