Publicacións

DEREITOS LABORAIS

¿Que pode face-la muller que se sinta discriminada no seu traballo? O Xulgado do Social é o competente para resolver todo o referente ás materias laborais. En caso de discriminación pódese acudir directamente a él, ou ben poñe-lo feito en coñecemento da inspección de traballo ou o comité de empresa ou sindicatos. Asimesmo pode recabar informe do Servicio Galego de Igualdade. ¿Que se entende por acoso sexual no traballo? O solicitar favores de natureza sexual, abusando dunha situación de superioridade laboral, docente ou análoga, co anuncio á víctima de causarlle un prexuízo ás súas expectativas profesionais ou formativas. ¿Pode ser despedida ou non renovarlle un contrato de traballo a unha muller  por denuncia-lo acoso sexual? Non. O estatuto de traballadores sinala que as decisións unilaterais  dos empresarios/as cando conteñen discriminacións favorables ou adversas no emprego, así como en materia de salarios, xornada e demáis condicións de traballo por circunstanc...