Servizos operativos

O Concello de Barro realiza funcións de conservación de infraestruturas, edificios, parques e xardíns, iluminación pública e outros elementos de propiedade municipal.

A Unidade de Obras, pertencente a esta área, é a encargada de realizar todo tipo de reparacións, accións de mantemento ou restauración dos servizos municipais e as vías públicas.

Fibra óptica

A fibra é un servizo esencial para ter unha conexión de alta calidade á rede. Barro é dos poucos municipios que conta a día de hoxe coa práctica totalidade dos seus lugares con cobertura de fibra óptica. Os únicos que aínda restan por este servizo son aquelas vivendas que, por estaren afastadas, non contaban co antigo servizo de cobre.

Punto limpo

O Concello de Barro conta cun sistema de recollida porta a porta de residuos voluminosos (colchóns, electrodomésticos, mobles, etc), que posteriormente son tratados no punto limpo polo persoal municipal. Para poder facer uso deste servizo os/as veciños/as que o desexen só teñen que chamar ao concello e concertar unha cita para a recollida ou para levalos eles mesmos ao punto limpo.

Recollida de voluminosos

O concello de Barro ten a disposición un servizo gratuíto porta a porta de recollida de voluminosos. Este servizo realízase o 1º e 3º xoves de cada mes, sempre mediante chamada previa ao concello coa fin de establecer o día e hora de recollida.

Número de contacto: 986 711 002