A Deputación Provincial de Pontevedra en colaboración co Concello de Barro organiza o vindeiro 21 de novembro de 2018, ás 18,00 horas, unha charla informativa sobre o Servizo de Teleasistencia: dispositivos, funcionamento, prestacións, cobertura, etc, dirixida a tódalas persoas. Esperámosvos no Salón de Sesións da Casa do Concello.
Os Concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas asinan un convenio de colaboración para a prestación de Servizos de Atención Temperá, entendido como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, a súa familia e ao seu contorno. Ten como obxetivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con transtornos no desenvolvemento ou en risco de padecerlos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social. Para mais información, acuda ao Departamento de servizos Sociais do Concello de Barro.
O Concello de Barro vai poñer en marcha un PROGRAMA INTEGRADO PARA O EMPREGO, xunto cos concellos de Caldas de Reis, Portas e Cuntis, este programa inclúe actuacións de orientación, asesoramento e formación para a inserción laboral das persoas participantes. Os grupos destinatarios para participar neste programa MÁIS EMPREGO III son: Menores de 30 anos sen cualificación. Menores de 30 anos con cualificación. Persoas maiores de 45 anos. Persoas empadroadas nos concellos sinalados e inscritas na oficina de emprego como demandantes de emprego. O PRINCIPAL OBXECTIVO DESTE PROGRAMA É ACADAR UN POSTO DE TRABALLO PARA AS PERSOAS QUE PARTICIPEN NEL. Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta iniciativa de emprego deben acudir á oficina de emprego e solicitar o CÓDIGO 930 para poder saír no sondeo e formar parte do proceso...
Ponse en coñecemetno de tódolos interesados na zona de concentración parcelaria PERDECANAI - BARRO II os días e horas nos que estarán presentes os técnicos participantes na elaboración do acordo de reestructuración parcelaria para dar apoio na elaboración das SOLICITUDES DE PREFERRENCIA.
Reunión informativa para a localización dos futuros predios de substitución na zona de reestructuración parcelaria PERDECANAI - BARRO II. Local: BIBILIOTECA PÚBLICA DE BARRO (San Antoniño 12 - Perdecanai - 36194 BARRO). Data: 23 DE OUTUBRO DE 2018. HORA: 11:00 horas.