Publicacións

programa depotermal 2020

PROGRAMA DEPOTERMAL 2020

PROGRAMA DEPOTERMAL 2020   A Excma. Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Barro organiza un Programa orientado a mellora-la calidade de vida e envellecemento activo, así como fomentar as relacións sociais, “Plan Depotermal” 2020 poñendo en marcha dous programas termais:   Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos   ESTABLECEMENTO Prezo por persoa logo de descontada a subvención da Deputación de Pontevedra (54€) e a do Concello (10€) Prezo por persoa para prazas reserva de servizossociais logo de descontada a subvención da Deputación de Pontevedra (100€) BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS 59,00€ 0,00€ HOTEL SPA GALATEA 4* SANXENXO 26,00&e...

2020 barro de escaparate

2020 BARRO DE ESCAPARATE

O Concello de Barro convoca o Concurso de ambientación de locais na época de Entroido e Día dos namorados 2020, “Barro de escaparate”. Este concurso vai dirixido a establecementos comerciais e hostaleiros, co ánimo de visibilizar o atractivo do noso pobo, nunhas datas tan salientables como estas, mediante o recoñecemento á realización de intervencións artísticas ou decorativas nos escaparates e fachadas dos nosos comercios, e demais establecementos do municipio. Neste artigo poderán descargar en formato *.pdf as súas bases.

2020 entroido barro

CONCURSO DE DISFRACES DO ENTROIDO 2020 NO CONCELLO DE BARRO

“BASES DO CONCURSO DE DISFRACES DO ENTROIDO 2020 NO CONCELLO DE BARRO”. MODALIDADES: INFANTIL E ADULTO. Pola presente fanse públicas as bases das dúas modalidades do Concurso-desfile de disfraces que terá lugar o día 29 de febreiro de 2020 no Pavillón Municipal do Concello de Barro.

bando alimentos 2020

PROGRAMA DE ALIMENTOS PARA A SOLIDARIDADE 2020

PROGRAMA DE ALIMENTOS PARA A SOLIDARIDADE Consiste na distribución de alimentos excedentes do Fondo Social Europeo ás personas máis desfavorecidas. Tódalas persoas empadronadas neste Concello, con residencia efectiva, poderán presentar solicitude no Departamento de Servizos Sociais, donde se informará da documentación necesaria para a tramitación do expediente. O prazo para a primeira fase rematará o 31 de marzo 2020, aínda que permanecerá aberto todo o ano.                                                                Barro a 15 de xaneiro de 2020.-  O ALCALDE,   &nbs...

comercio local 2019

Bases concurso POLO NADAL COMERCIO LOCAL 2019/20

O Concello de Barro convoca a campaña de promoción de compras no ámbito local no período de Nadal 2019/2020. Esta campaña consta de dúas accións unha dirixida á dinamización das compras dos establecementos comerciais e hostaleiros do Concello de Barro e outra acción dirixida á promocionar este evento e o comercio de Barro nas redes sociais. 1. PRIMEIRA ACCIÓN SORTEO: Dirixido a establecementos comerciais e hostaleiros do Concello de Barro, co ánimo de dinamizar as compras noso pobo nunhas datas tan salientables como estas, mediante o sorteo de 5 vales de 50 € e 1 DE 100 € de gasto nos comercios, restaurantes, e demais establecementos de hostalería e restauración do municipio. 1.1. A participación dos locais no concurso terá lugar mediante a súa inscrición mediante instancia presentada a través do rexistro do concello. 1.2....