VII CERTAME DE PINTURA RÁPIDA “BARRO 2019” BASES 1.- As presentes bases teñen por obxeto regular a participación no VII Certame de Pintura Rápida “BARRO 2019”, que terá lugar o día 16 de xuño de 2019. 2.- Poderán participar no concurso calquera persoa que o desexe inscribíndose previamente. O dereito de inscripción será gratuito. 3.- Inscripción: Os participantes poderán optar por calquera das seguintes canles: a) Presentar instancia no Rexistro do Concello de Barro (Santo Antoniño 11 – Perdecanai – 36194 BARRO) ata as 15:00 horas do día 14 de xuño de 2019. b) A través do correo electrónico oficinas@barro.es ata as 15:00 horas do día 15 de xuño de 2019. En calquera caso as solicitudes deberán conter os seguintes datos: - Nome completo do autor/a....
XL FESTA DO VIÑO DE BARRO. O CONCELLO DE BARRO ORGANIZA O XANTAR DA FESTA DO VIÑO QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO 16 DE XUÑO DE 2019 ÁS 15:00 HORAS NO PAZO DA CREGA. Prezo: 20,00 €/persoa maior de 12 anos. 10,00 €/persoa con 12 ou menos anos. Menú: Empanada. Polbo a feira. Carne ó caldeiro. Postre. Cafe. Viño, auga e refrescos. Por motivos de organización despacharanse entradas ata o 12 de xuño ás 15:00 horas nas oficinas do Concello. Non se permitirá o acceso senon se dispón da correspondente entrada.
MANIFESTO DIA MÚNDIAL SEN TABACO 2019 O 31 de maio de cada ano a Organización Mundial da Saúde (OMS) celebra o día Mundial sen Tabaco co fin de poñer de relieve os riscos asociados ó tabaquismo, tanto para a saúde como noutros ámbitos, e avogar por políticas eficaces para reducir o seu consumo, sobre todo entre os /as mozos/as. O lema do Día Mundial Sen Tabaco deste ano 2019 é “O tabaco e a saúde pulmonar”, a campaña pretende concienciar á poboación sobre as consecuencias negativas que o tabaco ten para a saúde pulmonar das persoas (cancro, enfermidades respiratorias crónicas, etc.), e a importancia dos pulmóns na nosa saúde e benestar. De igual xeito, quérese facer un chamamento sobre as posibles medidas e accións que os gobernos e a poboación en xeral podemos adoptar para reducir os riscos causados polo tabaco na n...