Publicacións

Parque Natural "Ría de Barosa"

Trátase dun proxecto para dotar e acondicionar a área limítrofe ao río Barosa no concello de Barro, mediante a construcción dun parque natural. Realizaranse obras de acondicionamento como son a canalización do río, o recheo de toda a superficie, unha zona de aparcamento, un vial de acceso á zona da Maquieira, un estanque, uns paseos interiores, un cerramento do fronte da pista municipal e un axardinamento das superficies restantes con céspede, plantación de árbores e arbustos.

Obras de Acondicionamento No Pazo De San Antoniño (Finca da Capela)

O Concello de Barro en sesión Plenaria de data 27 de xaneiro de 2001 acordou aproba-la adquisición ás Sres. José Manuel Piileiro Gontad, D. Miguel Angel Piñeiro Gontad e Dna. Rosa María del Sagrario Piñeiro Gontad, da parcela denominada "Finca da Capela"", cunha extensión superficial de catro hectáreas quince áreas e cincuenta e unha centiáreas (41.551 m2), así como as edificacións  na mesma (edificación de planta baixa e alta en mampostería, un cobertizo, un canastro e un depósito de almacenamento de auga) no prezo de CENTO QUINCE MILLONS DE PESETAS (115.000.000 pts. Equivalentes a 691.163.92 euros). O Pleno en data 28 de xuño de 2002 acordou adquisición dos seguintes terreos no entorno do lugar de San Marco e a fin de unilos a finca da Crega onde se ubican o Tanatorio Municipal e se está a xecuta-las obras do "Parque Público Rio Areal": A D. Cándido Prado González e a súa esposa Dna Arrelia Eirín García a finca denominada "Veiga Grande ou Iglesario" de 11.655 m2 por im...

Capela de S. Antoniño (Finca da Capela)

O 2 de setembro de 2004 a empresa "A Parda San Mauro, S.L." de Pontevedra adquiriu as parcelas B e C da Finca da Capela, polo prezo de 268.000,00 euros, IVE incluido. O Pleno en sesión celebrada o 19 de xaneiro de 2005 adxudicalle á sociedade "A Parda San Mauro, S.L." a parcelas "D" do predio da Capela en Santo Antoniño Perdecanai, no prezo de 182.000,00 euros (cento oitenta e dous mil euros), IVE incluido. A empresa Vivendas Caseias S.L. adquiriu o 90% restante da Finca da Capela, promovendo o Plan Parcial SU-R-2 e mediante acordo do Pleno de data 19 de xaneiro de 2005 asina un convenio urbanístico polo que pasa a propiedade do Concello todo o terreo comprendido entre a Estrada N-550 e o edificio do Pazo, o Pazo e a Capela. En sesión Plenaria de data 21 de abril de 2005 acordou adxudicar a D. Ramón Raimundo López Bertolo a parcela "A" do predio da Capela en Santo Antoniño-Perdecanai, de 1990 m2 no prezo de CENTO CINCOENTA E TRES MIL TRESCENTOS DEZAOITO EUROS 153.318,00 euros, IVE...