Medio Ambiente

Na situación planetaria actual, marcada pola ameaza do cambio climático, resulta máis importante que nunca controlar a pegada que deixamos no medio, así como facer un uso intelixente dos residuos e promover o desenvolvemento sostible.

En Barro presumimos dun magnífico patrimonio natural, cara ao cal temos unha gran responsabilidade.

Xerarquía ambiental da Xunta de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia divídese en catro xefaturas territoriais, cada unha correspondente a unha provincia.

Dentro da Xefatura Territorial de Pontevedra destacan tres servizos, dous deles directamente relacionados co traballo ambiental.

Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental

María Vitoria Moreno, 43 (4a Planta). Pontevedra
Horario: Luns a Venres de 9.00 am a 2:00 pm.
T. 986 805 390 / T. 986 805 399
calidade-ambiental.pontevedra@xunta.gal

Servizo de Patrimonio Natural –
Servizo de Conservación da Natureza

María Vitoria Moreno, 43 (2a Planta). Pontevedra Horario: Luns a Venres de 9.00 am a 2:00 pm.
T. 986 805 469
conservacion.pontevedra@xunta.gal

Algunhas iniciativas ambientais do Concello

Proxecto para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro

Como parte do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible, o Concello cuantificou a pegada de carbono emitida polo municipio en distintas áreas. Entre elas o uso de equipamento, edificios, vehículos, iluminación pública, etc.

A partir desa análise, deseñouse o Plan de Accións que ese impulsará nos próximos anos para reducir a pegada de carbono en Barro. A meta é lograr unha redución do 44% para o ano 2030.

Este Proxecto contou co apoio económico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía Sostible

En marzo de 2019, Barro uniuse ao Pacto das Alcaldías polo Clima e as Enerxías. Para cumprir cos obxectivos do Pacto, foi enviado un Plan de Acción que inclúe unha lista de medidas para mitigar o impacto climático no territorio.

Na web oficial do Pacto de Alcaldías pódense atopar detalles da membresía e acordos asinados por Barro, así como a evolución destes.

Accións pola reciclaxe

O Concello aposta decididamente pola reciclaxe, feito que o levou a facer un gran investimento en ampliar a rede de colectores de todas as fracccións de reciclaxe nos últimos anos.

Hoxe disponse de contedores amarelos para envases, latas ou briks, azuis para papel, para aceite de cociñausado, así como unidades verdes de vidro.

O concello de habilitado un servizo gratuito de recollida porta a porta de enseres voluminosos, para o que só é necessário chamar ás oficinas municipais para concertar unha cita de recollida.

Tamén se está apostando pola compostaxe tanto individual como colectiva, como unha vía para obter abono natural de alta calidade para o chan. Así promovemos unha agricultura sostible e local apoiada no aproveitamento dos biorresiduos como recurso.

Xestión de residuos

Recollida de voluminosos

O Concello ten habilitado un servizo de recollida porta a porta de voluminosos para particulares. Para facer uso del só tes que contactar coas depencias municipais. A recollida efectúase o 1º e o 3º xoves de cada mes.

Compostaxe

O Concello de Barro aposta pola compostaxe como mellor solución ambiental ao tratamento dos biorresiduos. É por iso que o concello está adherido ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. En Barro podes compostar tanto se vives nunha vivenda unifamiliar como no casco urbano.

Compostaxe indivual:

É aquela compostaxe que se fai nas vivendas unifamilaires a través dun composteiro individual. Se non tes composteiro podes solicitar un no concello.

Compostaxe comunitaria:

É a compostaxe que se fai de forma colectiva nun centro de compostaxe comunitario (CCC) pensado para tratar os biorresiduos de distintas familias e cuxo proceso está contralado por unha persoa con coñecementos técnicos que garanten o correcto funcionamento de todo o proceso.

Para facer uso do CCC só tes que achegarte ao composteiro cos teus biorresiduos e despois tapar con estruturante.

Préstamo de biotrituradoras

O Concello de Barro oferta un servizo de préstamo de biotrituradoras co obxectivo de facilitar á veciñanza de Barro unha solución ecolóxica para aproveitar os restos vexetais leñosos procedentes de podas ou árbores secas. Ademais permitirá sacar do circuíto de recollida de lixo esta fracción, así como evitará a propagación de lumes por descuidos nas queimas. O material triturado permitirá o seu retorno ao solo, enriquecéndoo, ademais de poder ser usado como material estruturante na compostaxe doméstica.

Consulta o regulamento de préstamo da biotrituradora e solicítaa.

Turismo de natureza

Cada vez faise máis imprescindible asumir o turismo de natureza desde unha posición sostible e respectuosa co medio.

Esa máxima guía ao Concello na explotación dos seus parques naturais. Algúns deles xeran boa afluencia de visitantes de determinadas épocas de ano, como o Parque Río Barosa ou o Monte da Chan.

Nesta páxina ofrécese máis información sobre o turismo natural, parques ou sendeirismo en Barro.