Publicacións

C-TEST CENTRO VIRTUAL DE TELESERVICIOS

A través do Programa de Teleformación o Instituto da Muller persegue estendelo coñecemento e o acceso ás Novas Tecnoloxías da Información ó maior número de mulleres en todo o territorio nacional, eliminando as barreiras tanto xeográficas como de dispoñibilidade horaria. A oferta formativa nesta modalidade:Incorpora cursos sobre diferentes materias (inicialmente informáticas) e con diferentes niveis de complexidade, con obxecto de ofertar ás alumnas unha ampla gama de opcións formativas adaptadas ás súas necesidades. Permite ás alumnas seguilos cursos con total liberdade de horarios, ben dende o propio domicilio, ou ben nun futuro dende os distintos Centros de Teleservizos habilitados a tal efecto polas administracións autonómicas e locais vinculadas ó Programa de Teleformación do Instituto da Muller. As alumnas están permanentemente asistidas, tanto nos aspectos técnicos e metodolóxicos, como en canto ós contidos dos diferentes cursos ofertados. O Programa de Teleformaci...

PROGRAMA DE APOIO EMPRESARIAL ÁS MULLERES

O Instituto da Muller desenvolvementa este programa en colaboración co Consello Superior de Cámaras de Comercio, Industria e Navegación, co obxectivo de promove-lo autoemprego e a actividade empresarial das mulleres. Neste Programa, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, participa tamén o Instituto Nacional de Emprego.Está dirixido a mulleres con:* Inquedanza emprendedora* Unha idea ou proxecto de negocio* Un plano de modernización ou ampliación¿Que ofrece?Mediante este Programa préstanse servizos de información, asesoramento e orientación sobre distintos aspectos relativos á creación, financiamento, xestión e desenvolvemento da empresa, a través dunha Rede de Gabinetes de Apoio Técnico emprazados nas seguintes Cámaras de Comercio participantes no Programa.Asimesmo este Programa ofrece un servizo "on-line", dirixido a emprendedoras e empresarias de toda España, que ofrece:     -Asesoramento sobre calquera materia de creación (trámites, form...

CURSOS DE FORMACIÓN INNOVADORA PARA MULLERES

A falla de emprego é, na nosa sociedade, unha das principais causas de exclusión social. En España esta situación afecta moi especialmente ás mulleres, xa que tradicionalmente, se viron afastadas do acceso á formación e ó mercado de traballo, soportando aínda hoxe, unha taxa de paro que duplica a media da Unión Europea.Neste sentido, e como unha das actuacións dirixidas a facilita-la inserción social e laboral das mulleres, púxose en marcha en colaboración diversos Organismos de Igualdade das Comunidades Autónomas e Corporacións Locais o Programa CLARA.ObxectivosTen como obxectivos mellorala calidade de vida de mulleres que teñen especiais dificultade para a inserción laboral a través dunha mellor cualificación para o emprego:     * Fomentando a autoestima.     * Facilitando a información e o asesoramento para axudar a defini-lo seu perfil profesional.     * Promovendo a incorporación e promoción no emprego, cun...